O Athletic aprovéitase dun Celta moi frouxo (2-4) e deixa, salvo milagre, a eliminatoria sentenciada.
Sergi Gómez, David Costas, Rubén e Cabral tras encaixar un dos 4 goles [Foto Xoan Carlos Gil] |
O partido empeza cun gol ilegal do Athletic no minuto 4, pero como é habitual cando xoga o Celta o colexiado dáo por valido tras tocar o balón na man dun xogador vasco. O Celta respondio cun centro chut de Orellana que entre Herrerín e o longueiro despexan a saque de esquina. Aos 10 minutos gran xogada de Augusto que realiza un sombreiro ao defensa do Atheltic e o seu centro remátao á rede Álex López. Cinco minutos despois fallo da defensa do Celta no saque dunha falta, primeiro Costas e despois Cabral e o Athletic volve tomar vantaxe. Despois do segundo gol vasco o partido se tranquilizou e só destacamos un disparo dende fóra da área do Athletic que atrapa Rubén sen problemas, ao descanso 1-2 no marcador. A segunda parte comezou cun piscinazo de Charles na área (neste polo menos hai contacto e non cae só como "Cristiano Penaldo") que o árbitro non pita. No minuto 53 e tras un saque de esquina a defensa vasca despexa mal e Charles bate de cabeza a Herrerín establecendo o empate a dous. Puido marcar o Celta o terceiro pero o disparo de Orellana dende dentro da área sae por enriba do longueiro. Aos 60 minutos Santi Mina entraba ao terreo de xogo por Orellana e un minuto despois fallo no despexe da defensa do Celta e o Athletic volve tomar vantaxe, 2-3. Aos 70 minutos o partido rematábase coa expulsión de David Costas por dobre amoestación. Entraban ao campo primeiro Radoja por Augusto no minuto 79 e tres minutos despois Pablo Hernández por Álex López. A cinco minutos para o final penalti de Cabral por placaxe a Aduriz e este márcao poñendo o 2-4 definitivo.
FICHA:
[2] Celta de Vigo: Rubén; Costas, Sergi Gómez, Cabral, Jonny; Borja Fernández, Alex López (Pablo Hernández, 82'), Augusto (Radoja, 79'); Orellana (Santi Mina, 60'), Planas e Charles.
[4] Athletic de Bilbao: Herrerín, Iraola, San José, Laporte, Balenciaga, Mikel Rico (Iturraspe, 84'), Etxeita (Gurpegui, 82'), De Marcos, Susaeta, Muniain (Viguera, 76') e Aduriz.
Colexiado: Pérez Montero, regular. Amonestou a Charles e Cabral, e expulsou a Costas por dobre amonestación (70') polo Celta e a Mikel Rico, Susaeta, San José e Muniain polo Athletic.
Goles: 0-1, San José (4'). 1-1, Álex López (10'). 1-2, Aduriz (15'). 2-2, Charles (53'). 2-3, Susaeta (61'). 2-4, Aduriz de penalti (86').
Estadio: Balaídos, 14.929 espectadores.
Notas:
- Rubén [5]
- Costas [2'5]
- Sergi Gómez [4]
- Cabral [3'5]
- Jonny [6]
- Borja Fernández [5'5]
- Álex López [5]
- Pablo Hernández [-]
- Augusto [6]
- Radoja [5]
- Orellana [5'5]
- Santi Mina [4'5]
- Planas [5]
- Charles [4]
No hay comentarios:
Publicar un comentario