O Celta estrélase ante a boa defensa do Eibar, a mala actuación arbitral e as continuas perdidas de tempo do equipo visitante , e perde o seu terceiro partido da tempada.
Krohn Dehli nunha acción do partido |
O partido foi un monólogo por parte do Celta. A primeira ocasión foi de Larrivey cun disparo que despexa a saque de esquina o meta visitante. Hugo Mallo tamén o intentou dende dentro da área pero o seu disparo atrapouno Irureta. A seguinte oportunidade foi máis clara, centro de Orellana dende a dereita e remate de cabeza de Nolito ao que o porteiro responde cunha gran intervención. O Eibar respondeu cun disparo afastado que sae fóra. Bo pase de Jonny á frontal da área que remata Krohn-Dehli de volea e o balón sae rozando a escuadra. Orellana remata alto dende o borde da área. Paradón de Sergio a queimaroupa no primeiro remate entre os tres paus do Eibar e na seguinte xogada o equipo vasco marcaba o 0-1. O partido continuou co monólogo vigués ata o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Larrivey, remata de cabeza obrigando a Irureta a realizar outra boa intervención. Nolito remata fóra un centro de Jonny. No minuto 63 Augusto saltaba ao campo por Radoja e remata cun forte disparo dende fóra da área que para Irureta. Charles, que entraba ao terreo de xogo no minuto 73 por Hugo Mallo, tamén o intentou dende fóra da área pero o meta despexa a corner. Saque de esquina de Orellana que remata Augusto de cabeza ás mans do porteiro. Larrivey volve rematar de cabeza pero o resultado foi o mesmo. A ocasión máis clara foi de Krohn-Dehli cun disparo dende fóra da área que estrélase no longueiro. O partido rematou coa derrota local.
FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Charles, 72'), Cabral, Fontás, Jonny (Planas, 82'); Radoja (Augusto, 63'), Álex López, Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey.
[1] S. D. Eibar: Irureta, Bóveda, Albentosa, Raúl Navas, Lillo, Dani García, Capa (Ángel, 88'), Boateng, Arruabarrena, Saúl Berjón (Abraham, 43') e Manu del Moral (Errasti, 80').
Colexiado: Pérez Montero, penoso. Amonestou a Larrivey, Álex López, Fontás e Augusto polo Celta e a Saúl Berjón, Bóbeda, Lillo, Abraham e Manu del Moral polo Eibar.
Goles: 0-1, Manu del Moral (29').
Estadio: Balaídos, 16.843 espectadores.
Notas:
- Sergio [6]
- Hugo Mallo [6]
- Charles [5]
- Cabral [6]
- Fontás [6'5]
- Jonny [6]
- Planas [-]
- Radoja [6'5]
- Augusto [5'5]
- Álex López [6]
- Krohn-Dehli [7]
- Orellana [6]
- Nolito [5]
- Larrivey [5'5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario