lunes, 3 de noviembre de 2014

Liga, xornada 10: Barcelona 0 - Celta 1

O Celta de Berizzo fai historia e consegue gañar ao Barcelona na súa casa na Liga tras 73 anos sen facelo, cun gol de Larrivey tras unha xenialidade de Nolito e a inmensa actuación de Sergio.
Festexando o tanto da vitoria
O Celta saliu moi metido no partido e aguantou ben os ataques do Barcelona. A primeira ocasión foi un remate de cabeza de Neymar que Sergio para ben colocado. A seguinte oportunidade clara foi outra vez para Neymar cun remate dende fóra da área que estrélase no longueiro. O Celta respondia cun lanzamento de falta desviado de Nolito e cun saque de esquina que remate de cabeza Pablo Hernández que para o meta chileno Bravo. A primeira gran intervención de Sergio foi a tiro de Messi dende dentro da área que despexou cunha man prodixiosa. Messi volvéuno tentar cun lanzamento que batía a Sergio pero Jonny despexa contra o longueiro. Luis Suárez temén puxo a proba a Sergio, e este respondeu cunha boa parada. A última ocasión da primeira metade foi de Neymar tras unha "asistencia perfecta do colexiado" que o deixou só diante de Sergio e este sacou outra man incrible ao disparo do brasileiro. A segunda metade comezou con outro lanzamento de Neymar dende dentro da área pequena que volvese atopar co longueiro. No minuto 54 Sergio saca en longo de porta, Pablo Hernández peitea e Nolito róuballe a carteira a Alves, Busquets e Mathieu e inventa un taconazo que deixa só a Larrivey que marca dende o punto de penalti, 0-1. No minuto 68 Pablo Hernández deixaba o seu sitio a Borja Fernández. Luis Suárez remata de cabeza e Sergio vólvea parar. Aos 75 minutos Larrivey abandonaba o terreo de xogo por Charles. O Celta puido sentenciar cun gran pase de Orellana para Nolito que remata de primeiras obrigando a Bravo a despexar e o rexeite cáelle demasiado alto a Charles que remata de cabeza fóra. Outra falta inexistente ao borde da área do Celta que vólvese estrelar no longueiro. Charles volveu a sementar dúbidas na defensa local tras controlar dentro da área co peito, facerlle un sombreiro a Mathieu e rematar obrigando a despexar Bravo a saque de esquina. No minuto 87 Madinda entraba por Nolito, que saliu ovacionado do Camp Nou. Luis Suárez tivo o empate pero Sergio volveuse a lucir. O Celta conquista Barcelona tras 73 anos sen facelo en Liga.

FICHA:
[0] F. C. Barcelona: Bravo, Alba, Mathieu, Mascherano, Alves, Busquets (Xavi, 65'), Rafinha (Pedro, 65'), Rakitic, Neymar, Messi e Luis Suárez.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Pablo Hernández (Borja Fernández, 68'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito (Madinda, 87') e Larrivey (Charles, 75').
Colexiado: Vicandi Garrido, casero. Amonestou a Pedro polo Barcelona e a Pablo Hernández e Sergi Gómez polo Celta.
Goles: 0-1, Larrivey (54').
Estadio: Camp Nou, 71.468 espectadores.
Notas:
  • Sergio [10]
  • Hugo Mallo [8]
  • Cabral [8'5]
  • Sergi Gómez [9]
  • Jonny [8]
  • Radoja [8]
  • Pablo Hernández [8]
  • Borja Fernández [7]
  • Krohn-Dehli [8]
  • Orellana [8]
  • Nolito [9]
  • Madinda [-]
  • Larrivey [9]
  • Charles [7'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario