O Celta perde o seu primeiro partido como visitante da tempada no "seu campo maldito", despois de estrelar dous balóns nos paus e crear boas ocasións de gol.
|
Os xogadores do Celta o final do partido |
A primeira ocasión do partido foi para o ex xogador do Celta Trashorras cun disparo dende fóra da área que Sergio para sen problemas. No minuto 19 o Raio marcaba o gol tras un remate de cabeza dentro da área pequena ao que nada pode facer Sergio. O Celta puido empatar cun disparo de Álex López dentro da área tras pase de Nolito que para o porteiro local con problemas. O Raio intentouno cun disparo dende fóra da área que sae desviado. O primeiro disparo ao pau foi de Krohn-Dehli cun forte disparo dende a frontal da área que estrélase contra o pau dereito, o rexeite caelle a Álex López que cede a Augusto e o seu remate o despexa a saque de esquina o meta local. Larrivey puido empatar cun remate de cabeza tras un centro de falta de Nolito pero o remate sae fóra por pouco. Tras o descanso Augusto puido empatar cun forte disparo que despexa a corner o meta local. Nese lanzamento de esquina Cabral remataba de cabeza ao longueiro. No minuto 56 Orellana entraba ao campo por Álex López. O Raio marcou un segundo gol que foi anulado por fóra de xogo. Pablo Hernández entraba ao terreo de xogo por Augusto no minuto 66. Disparo desviado de Orellana. Gran xogada pola banda esquerda de Nolito e Jonny que se pranta dentro da área e centra dende a liña de fondo pero sen encontrar rematador. Gran intervención de Sergio. Krohn-Dehli abandonaba o campo e entraba Charles no minuto 79. Pablo Hernández puido empatar tras un saque de esquina de Orellana, pero o seu remate saliu desviado. Final do partido e continua a maldición en Vallecas.
FICHA:
[1] Raio Vallecano: Cristian Álvarez, Nacho (Quini, 55'), Abdoulaye, Zé Castro, Tito, Baena, Trashorras, Licá (Aquino, 74'), Bueno (Manucho, 55'), Kakuta e Baptistao.
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Radoja, Álex López (Orellana, 56'), Krohn-Dehli (Charles, 79'); Augusto (Pablo Hernández, 66'), Nolito e Larrivey.
Colexiado: González González, regular. Amonestou a Nacho, Trashorras, Licá, Tito e Cristian Álvarez polo Raio e a Orellana, Cabral, Nolito, Charles e Augusto polo Celta.
Goles: 1-0, Bueno (19').
Estadio: Vallecas, 7.100 espectadores.
Notas:
- Sergio [5'5]
- Hugo Mallo [5]
- Cabral [6'5]
- Fontás [5'5]
- Jonny [5]
- Radoja [7]
- Álex López [5]
- Orellana [5]
- Krohn-Dehli [6]
- Charles [-]
- Augusto [5'5]
- Pablo Hernández [4'5]
- Nolito [6]
- Larrivey [5'5]