sábado, 26 de julio de 2014

Amigable: Constantine 1 - Celta 0

O Celta de Berizzo debuta con derrota. O colexiado foi o protagonista "do adestramento" tras anular tres goles a Nolito e sinalar a pena máxima que supuxo a perdida do partido.
Calentamento previo ao encontro
O primeiro once de Berizzo foi con Sergio baixo paus, na liña defensiva Jonny de lateral dereito, Planas de lateral esquerdo, Sergi Gómez e Cabral de centrais, o pivote defensivo foi Fontás acompañado por Krohn-Dehli e Madinda, e a dianteira formouna Santi Mina pola dereita, Larrivey polo centro e Nolito pola esquerda. No primeiro tempo o Celta puido golear con dous goles anulados a Nolito, un remate de Krohn-Dehli ao pau, unha boa parada do porteiro local a disparo de Santi Mina e un erro de Larrivey só ante o porteiro. O equipo arxelino non disparou a porta nesta primeira parte. Na segunda parte entrou de inicio Charles por Larrivey e o partido seguiu igual ata que o arbitro pitou penalti por man dun defensor do Celta, que supuxo o 1 a 0. Un minuto despois o colexiado anulou outro gol a Nolito nun lanzamento de falta e a partir de aquí o cansanzo e a calor (35º) apoderáronse do partido. Nos últimos 20 minutos tamén xogaron Yelko Pino, Samu, Orellana, Borja Fernández, Fernán e David Costas.

FICHA:
[1] C. S. Constantine: Dahmane, Bahri, Bouhenna, Rouarah, Bencherifa, Guerabis, Samelir, Rani, Zobiri, Nbaye e Messadia.
[0] Celta: Sergio; Jonny, Cabral, S. Gómez, Planas; Fontás, Madinda, Krohn-Dehli; Santi Mina, Nolito e Larrivey (Charles, 46'). Tamén xogarón Orellana, Costas, Yelko Pino, Samu, Borja Fernández e Fernán.
Colexiado: ---
Goles: 1-0, Boulemdais de panalti (59').
Estadio: Stade Chahid Hamlaoui, 55.000 espectadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario