jueves, 31 de julio de 2014

Yoel Rodríguez xogará no Valencia as próximas 4 tempadas

Yoel Rodríguez nun partido da tempada pasada
Yoel Rodríguez xogará no Valencia ata xuño do 2018, a operación é bastante rara, xa que Yoel, que remata contrato co Celta o ano que vén, vaise cedido por unha tempada con obrigación de compra ao finalizar a cesión por outros tres anos. Deste xeito o Celta percibirá de forma aprazada os preto de dous millóns nos que se cifrou o traspaso. Gracias e sorte, Yoel.

miércoles, 30 de julio de 2014

Amigable (Trofeo Zona Franca): Rápido Bouzas 1 - Celta 7

O Celta golea o Rápido de Bouzas no segundo encontro da pretempada e consegue o Trofeo Zona Franca.
Os xogadores do Celta posan co Trofeo
Non tivo rival o Celta ante un combativo Rápido de Bouzas e tras uns avisos por parte de Yelko Pino e Orellana, sería Cabral de cabeza tras un saque de esquina quen abriría o marcador. Un minuto despois Yelko Pino marcaba o segundo. A continuación Charles marca tras irse de tres rivais. Logo Cabral retiraríase mancado e entraba Soto no seu lugar. O segundo tempo comezou cun equipo totalmente novo e con dous erros de Larrivey, aínda que á terceira marcou o cuarto e dous minutos despois marcaba o quinto. O Rápido de Bouzas reducía distancias pero cinco minutos máis tardes outra vez Larrivey marcaba o seu terceiro tanto e sexto do Celta. A cinco minutos do final Madinda marcaba o séptimo dende fóra da área.

FICHA:
[1] Rápido Bouzas: Ferre, Pablo Fernández, David Castro, Yago, Cotilla, Gabi Misa, Iago Paz, Antón Vilas, Oki, Jacobo e Tomás. Tamén xogaron Diego Diz, Portas, Alejandro, Chema, Sergio Santos, Maikel, Sergio Sancho, Carlos, Kiko Mintegui e Miki.
[7] Celta: Sergio (Rubén, 46'); Jonny (Hugo Mallo, 46'), Cabral (Soto, 38' / Costas, 46'), Fontás (S. Gómez, 46'), Planas (Samu, 46'); Borja Fernández (Goldar, 46'), Krohn-Dehli (Fernán, 46'), Yelko Pino (Madinda, 46'); Orellana (Jordán, 46'), Nolito (Santi Mina, 46') e Charles (Larrivey, 46').
Colexiado: David Iglesias.
Goles: 0-1, Cabral (23'). 0-2, Yelko Pino (24'). 0-3, Charles (29'). 0-4, Larrivey (62'). 0-5, Larrivey (64'). 1-5, Sergio Santos (69'). 1-6, Larrivey (74'). 1-7, Madinda (85').
Estadio: Barreiro, uns 1.200 espectadores.

sábado, 26 de julio de 2014

Amigable: Constantine 1 - Celta 0

O Celta de Berizzo debuta con derrota. O colexiado foi o protagonista "do adestramento" tras anular tres goles a Nolito e sinalar a pena máxima que supuxo a perdida do partido.
Calentamento previo ao encontro
O primeiro once de Berizzo foi con Sergio baixo paus, na liña defensiva Jonny de lateral dereito, Planas de lateral esquerdo, Sergi Gómez e Cabral de centrais, o pivote defensivo foi Fontás acompañado por Krohn-Dehli e Madinda, e a dianteira formouna Santi Mina pola dereita, Larrivey polo centro e Nolito pola esquerda. No primeiro tempo o Celta puido golear con dous goles anulados a Nolito, un remate de Krohn-Dehli ao pau, unha boa parada do porteiro local a disparo de Santi Mina e un erro de Larrivey só ante o porteiro. O equipo arxelino non disparou a porta nesta primeira parte. Na segunda parte entrou de inicio Charles por Larrivey e o partido seguiu igual ata que o arbitro pitou penalti por man dun defensor do Celta, que supuxo o 1 a 0. Un minuto despois o colexiado anulou outro gol a Nolito nun lanzamento de falta e a partir de aquí o cansanzo e a calor (35º) apoderáronse do partido. Nos últimos 20 minutos tamén xogaron Yelko Pino, Samu, Orellana, Borja Fernández, Fernán e David Costas.

FICHA:
[1] C. S. Constantine: Dahmane, Bahri, Bouhenna, Rouarah, Bencherifa, Guerabis, Samelir, Rani, Zobiri, Nbaye e Messadia.
[0] Celta: Sergio; Jonny, Cabral, S. Gómez, Planas; Fontás, Madinda, Krohn-Dehli; Santi Mina, Nolito e Larrivey (Charles, 46'). Tamén xogarón Orellana, Costas, Yelko Pino, Samu, Borja Fernández e Fernán.
Colexiado: ---
Goles: 1-0, Boulemdais de panalti (59').
Estadio: Stade Chahid Hamlaoui, 55.000 espectadores.

lunes, 14 de julio de 2014

Augusto Fernández subcampión do Mundo

Augusto Matías Fernández  proclamouse subcampión do Mundial do Brasil 2014 despois de perder a final ante Alemaña na prórroga por 1 gol a 0.

Samuel Llorca xogara cedido no Valladolid

Samuel Llorca na presentación co Valladolid
Samuel Llorca Ripoll xogara cedido, sen opción de compra, ata final de tempada no Valladolid da Segunda División.

miércoles, 9 de julio de 2014

Jonathan Vila rescinde o seu contrato

Jonathan Vila nun partido da tempada pasada
Jonathan Vila Pereira deixa de ser xogador do Celta tras o acordo alcanzado onte entre o Celta e o xogador.

sábado, 5 de julio de 2014

Carles Planas cuarta fichaxe da tempada 2014 -2015

O lateral esquerdo de 23 anos chega coa carta de liberdade do Barcelona "B" e asina por tres tempadas.
Carles Planas no seu debut co primeiro equipo do Barcelona
Carles Planas Antolínez (4-3-1991, San Celoni, Barcelona) xogou nas categorías inferiores do Barcelona dende os 10 anos. Na tempada 2009 - 2010 debutou co Barcelona "B" da man do ex adestrador do Celta Luis Enrique e a tempada pasada disputou 35 encontros, anotando un gol co filial blaugrana do tamén ex adestrador e ex xogador do Celta Eusebio Sacristán. Na tempada 2012 - 2013 debutou co primeiro equipo nun partido de Copa ante o Alavés, tamén xogou nun partido de Champions League ante o Benfica da man do recentemente falecido e ex xogador do Celta "Tito" Vilanova.
Traxectoria:
  • Barcelona "B" [2009 / 2014]
  • Barcelona [2012 / 2013]

miércoles, 2 de julio de 2014

Sergi Gómez terceira fichaxe da tempada 2014 -2015

O defensa central de 22 anos chega libre do filial do Barcelona tras rescindir o seu contrato e asina por tres tempadas.
Carlos Mouriño e Sergi Gómez na firma do contrato
Sergi Gómez Solà (28-3-1992, Arenis do Mar, Barcelona) chegou ás categorias inferiores do Barcelona no ano 2006, procedente do Mataró. Na tempada 2009 - 2010 pasou do xuvenil ao filial da man do ex adestrador do Celta Luis Enrique, curiosamente para suplir a baixa do lesionado Andreu Fontás, agora no Celta. A tempada seguinte xogou co Barcelona de Pep Guardiola os 90 minutos da ida da Supercopa de España ante o Sevilla. A tempada pasada no filial blaugrana disputou 36 partidos dos cales 34 foron de titular.
Traxectoria:
  • Barcelona "B" [2009 / 2014]
  • Barcelona [2010 / 2011]
Títulos:
  • 1 Supercopa [2010 / 2011]
  • 1 Europeo Sub 19 [2011]