O Celta gaña en Valladolid e xogáse a permanencia co Coruña na derradeira xornada de liga.
Cabral festexa o primeiro gol xunto a Augusto |
Gran partido o xogado polo Celta onte no José Zorrilla de Valladolid, ante un equipo que xa non se xogaba nada, e que gracias a esta vitoria chega con vida á última xornada, onde se xogarán a permanencia catro equipos (Coruña, Celta, Zaragoza e Mallorca) para tres postos. O partido foi tranquilo para o Celta que no minuto 27 adiantábase no marcador tras un centro de Krohn-Dehli que peitea Augusto e Cabral cabexea ao fonda da rede. Todo tranquilo ata o minuto 40, cando Javi Varas lesiónase o cóbado e pérdese o último partido de liga, e prodúcese o debut en primeira división do porteiro Rubén Blanco cunha parada de mérito. O segundo gol prodúcese no minuto 54 por un penalti por man do defensa do Valladolid (para min non é man, pero para un penalti que nos pitan...) que transforma Iago Aspas. No minuto 67, Krohn-Dehli dispara desde fóra do área e o balón pega na escuadra e bota dentro pero o árbitro non dá o gol como legal. Logo disto só destacar outra gran intervención do porteiro Rubén.
Ficha:
Alineación: Javi Varas (Rubén, 40'); Bellvís, Cabral, Túñez, Lago; Augusto (Orellana, 63'), Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli; Alex López (Madinda, 80') e Iago Aspas.
Goles: 0-1, Cabral de cabeza. 0-2, Iago Aspas de penalti.
Colexiado: Estrada Fernández. Amonestou a Cabral e Oubiña.
Estadio: Nuevo José Zorrilla. Máis de 1.000 afeccionados celestes nas bancadas.
Os mellores:
- Krohn-Dehli, o motor do Celta en Valladolid, perfecto en ataque e en defensa.
- Rubén, gran debut en primeira con varias interencións de mérito.
- Alex López, moi bo partido do de Ferrol que chega en boa forma ao último encontro.
Os peores:
- Lago, fatal (por sorte o seu penúltimo partido co Celta).
- Iago Aspas, coma sempre desde que volveu da súa estúpida sanción non esta aportando nada ao equipo.
- Augusto, non foi o mellor partido do arxentino, pero tamén ten dereito logo da gran tempada que esta realizando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario