sábado, 4 de mayo de 2013

Celta 1 - Athletic 1

O Celta rabuña un punto case ao final e segue soñando con manter a categoria.
Celebración do gol do empate
En lineas xerais o Celta fixo un mal partido, salvo durante uns 20 minutos, e conseguiu un punto gracias ao pouco acerto cara ao gol do Athletic, que fallou varias ocasións clamorosas (agora sairá o "pata de pau" de Manuel Pablo a dicir que o partido foi amañado). O positivo deste resultado é que si o mércores gañamos ao Atlético de Madrid seguimos moi metidos na loita pola salvación a falta de 3 xornadas para o remate da liga e tamén e positivo que levamos 3 encontros seguidos sen perder (non sucedía desde as xornadas 12, 13 e 14).
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Vila, Túñez, Bellvís; Augusto (Toni, 75'), Oubiña, Madinda, Krohn-Dehli (Bermejo, 67); Alex López (Orellana, 60') e Iago Aspas.
Goles: 1-1, Iago Aspas de disparo que se coa polo pau esquerdo no minuto 83.
Colexiado: Velasco Carballo, malo. Amonestou a Vila.
Estadio: Balaídos, 24.824 espectadores.
Os mellores:
  1. Madinda, o que máis me sorprendeu, moi dinámico durante todo o encontro.
  2. Augusto, como sempre neste final de campionato.
  3. Bellvís, do mesmo xeito que me pasaba con Natxo Insa igual non é tan malo como parecía, recordándome ao mellor Roberto Lago.
Os peores:
  1. Krohn-Dehli, con diferenza o pero encontro da tempada.
  2. Alex López, para min segue sen estar no seu mellor estado de forma.
  3. Orellana, non acaba de coller a confianza que tiña o ano pasado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario