lunes, 27 de julio de 2015

Amigable: Ingolstadt 1 - Celta 0

O Celta perde 1-0 no seu último partido da xira por Alemaña e Austria, nun mal partido que o árbitro suspendeu no minuto 84 tras unha gran tangana.
Unha imaxe da tangana [www.atlantico.net]
FICHA:
[1] F.C. Ingolstadt: Ozcan, Hubner, Leckie, De Oliveira, Gross, Lex, Hinterseer, Cristiansen, Levels, Suttner e Matip. Tamén xogaron Nyland, Morales, Hasthann, Pekhart, Bgiregeire, Engel, Vieira da Costa, Bakier, Kachubga, Pledl e Cohen.
[0] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Sergi Gómez, Fontás, Planas (Hugo Mallo, 46' (Cabral, 65')); Radoja (Wass, 52'), Augusto (Señé, 68'); Bongonda (Luis Rioja, 73'), Iago Aspas, Orellana (Pape, 80'); e Borja Iglesias (Pablo Hernández, 52').
Colexiado: Brandt. Amonestou a Sergi Gómez, Orellana, Iago Aspas e expulsou a Jonny (83') con vermella directa.
Goles: 1-0, Gross (14').
Estadio: Audi Sportpark, uns 5.000 espectadores.

viernes, 24 de julio de 2015

Horarios das xornadas 1 e 2

Xornada 1
Levante - Celta
Data: domingo 23 de agosto do 2015
Hora: 22:30 22:00
Televisión: Movistar + Teledeporte
Estadio: Ciutat de Valencia



Xornada 2
Celta - Raio
Data: sábado 29 de agosto do 2015
Hora: 18:30 22:00
Televisión: Movistar + Teledeporte
Estadio: Balaídos

jueves, 23 de julio de 2015

Amigable: Galatasaray 2 - Celta 1

Un Celta moi superior ao Galatasaray é derrotado por 2-1, como xa é habitual nos últimos anos grazas a dous erros defensivos e á súa falta de gol.
Orellana nun lance do partido [www.atlantico.net]
FICHA:
[2] Galatasaray: Eray Iscan, Sabri Sarioglu (Tarik Camdal, 46'), Koray Günter, Semih Kaya (Hakan Balta, 46'), Telles, Hamit Altintop (Sinan Gümüş, 74'), Emre Colak (Yekta Kurtulus, 66'), Yasin Öztekin (Sercan Yildirim, 46'), Olcan Adin, Carole (Jem Paul Karacan, 46') e Podolski (Umut Bulut, 46'). 
[1] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny (Planas, 74'), Augusto, Pablo Hernández (Borja Iglesias, 74'), Wass (Radoja, 66'); Orellana, Bongonda (Señé, 80') e Iago Aspas.
Colexiado: Gerhard Meschnark. Amonestou a Altintop polo Galatasaray. 
Goles: 1-0, Emre Colak de penalti (24'). 2-0, Podolski (37'). 2-1, Iago Aspas (70').
Estadio: Villach-Lind.

domingo, 19 de julio de 2015

Amigable: Nüremberg 2 - Celta 2

O Celta deixa escapar a vitoria no desconto no seu segundo partido da pretempada. Os goleadores foron Borja Iglesias e Iago Aspas.
De esquerda a dereita por arriba, Rubén, Cabral, Wass, Sergi gómez e Boeja Iglesias. De esquerda a dereita por abaixo, Jordán, Jonny, Bongonda, Hugo Mallo, Radoja e Borja Fernández [www.lavozdegalicia.es]
FICHA:
[2] F. C. Nüremberg: Kirschbaun, Hovland, Bulthuis, Blum, Burgstaller, Muhwald, Stark, Behrens, Gislason, Schopf e Petrak. Tamén xogaron: Rakovsky, Polah, Sylvester, Koch, Kutschke, Evseev e Fullkrug.
[2] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Borja Fernández, Wass; Jordan, Bongonda e Borja Iglesias. Na segunda metade xogaron Sergio; Diego Alende, Fontás, Sergi Gómez, Planas; Augusto, Pablo Hernández; Orellana, Rioja, Señé; e Iago Aspas.
Colexiado: Amonestou a Behrens e Stark polo Nüremberg e a Borja Iglesias, Augusto, Luis Rioja e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Schopf (3'). 1-1, Borja Iglesias (41'). 1-2, Iago Aspas (82'). 2-2, Behrens (96').
Estadio: Waldstadion, uns 3.000 espectadores.

sábado, 18 de julio de 2015

Amigable: Greuther Fürth 1 - Celta 5

O Celta estréase cunha goleada ante un equipo moi inferior e que só prantou cara os primeiros 15 minutos.
Borja Iglesias durante o partido [www.celtavigo.net]
FICHA:
[1] Greuther Furth: Mielitz, Rocker, Hofmann, Giebelmann, Gjasula, Freis, Caliguri, Tripic, Zulj, Wurtz e Stiepermann. Tamén xogaron Thesker, Trinks, Welandt, Sukalo, Kumbela, Berisha, Schad, Lam, Franke, Maderer e Trybull.
[5] Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Planas; Borja Fernández, Yelko Pino, Pablo Hernández; Orellana, Luis Rioja e Borja Iglesias. Na segunda metade xogaron Sergio; Jonny, Costas, Cabral, Diego Alende; Wass, Augusto; Bongonda, Señé, Jordan; e Iago Aspas.
Colexiado: Wolfgang Stark. Amonestou a Pablo Hernández.
Goles: 0-1, Borja Iglesias (17'). 0-2, Orellana (30'). 0-3, Caliguri en propia porta (50'). 1-3, Welandt (56'). 1-4, Augusto (61'). 1-5, Señé (63').
Estadio: Trolli-Arena.

jueves, 16 de julio de 2015

Sergio renova ata o 2018

O canteirán Sergio renova o seu contrato como xogador do Celta ata xuño do 2018.
Carlos Mouriño e Sergio Álvarez trala firma [www.celtavigo.net]
O porteiro de Catoira Sergio Álvarez Conde seguirá de celeste ata final da tempada 2017 - 2018, tras renovar o seu contrato por tres tempadas. Sergio leva no Celta 6 tempadas, coa actual, disputando 72 partidos e encaixando 72 goles.

sábado, 11 de julio de 2015

John Guidetti terceira fichaxe da tempada 2015 / 2016

O dianteiro sueco chega libre do Manchester City, tras xogar o último ano cedido no Celtic, e asina por 5 tempadas.
John Guidetti festexando un gol co Celtic [www.goal.com]
John Alberto Guidetti (15 de abril de 1992, Estocolmo, Suecia) formouse nas categorias inferiores do IF Brommapojkarna ata o ano 2008 que con 16 anos ficha polo Manchester City que o cede dous anos no IF Brommapojkarna. Na tempada 2010 - 2011 xoga cedido no Burnley inglés (4 partidos - 1 gol). A tempada seguinte xoga cedido no Feyenoord holandés (23 partidos - 20 goles). Despios dunha larga lesión a súa seguinte cesión foi no Stoke City inglés (6 partidos). A tempada pasada xogou cedido no Celtic escocés (35 partidos - 15 goles). É internacional sub'21 con Suecia.
Traxectoria:
  • IF Brommapojkarna [2008 / 2010]
  • Burnley [2010 / 2011]
  • Feyenoord [2011 / 2012]
  • Manchester City [2012 / 2013]
  • Stoke City [2013 / 2014]
  • Celtic [2014 / 2015]
Títulos:
  • Copa [2010 / 2011]
  • Supercopa [2012 / 2013]
  • Liga [2014 / 2015]
  • Copa de la Liga [2014 / 2015]
  • Eurocopa Sub'21 [2015]

viernes, 10 de julio de 2015

Álex López renova ata o 2019 e xogará cedido en Inglaterra

O canteirán Álex López renova o seu contrato ata xuño do 2019 e xogará cedido por un ano no Sheffield Wednesday inglés.
Carlos Mouriño e Álex López trala firma [www.celtavigo.net]
O xogador ferrolano Alejandro "Álex" López Sánchez seguirá de celeste ata o final da tempada 2018 - 2019, tras renovar o seu contrato e asinar a súa cesión por unha tempada ao Sheffield Wednesday, conxunto da segunda división inglesa. Álex López leva no Celta 6 tempadas, disputando 169 partidos e anotando 18 goles.
Carta de despedida do canteirán:

miércoles, 8 de julio de 2015

Orellana renova ata o 2019

O mediapunta Orellana renova o seu contrato ata xuño do 2019 cunha cláusula de 15 millóns.
Fabián Orellana e Carlos Mouriño trala firma [www.celtavigo.net]
O xogador chileno Fabián Ariel Orellana Valanzuela seguirá defendendo a zamarra celeste ata o final da tempada 2018 - 2019, tras renovar o seu contrato por catro tempadas. Orellana leva no Celta 5 tempadas, coa actual, disputando 125 partidos e anotando 25 goles.