martes, 23 de junio de 2015

Daniel Wass segunda fichaxe da tempada 2015 / 2016

O centrocampista danés chega avalado por Krohn-Dehli, procede do Évian frances e asina por catro tempadas. A operación cerrouse por uns 3 millóns.
Daniel Wass e Carlos Mouriño asinando o contrato [www.celtavigo.net]
Daniel Wass (31 de maio de 1989, Gladsaxe, Dinamarca) formouse no Brøndby danés onde xogou dende o ano 2006 ata o ano 2011 (96 partidos - 9 goles), cunha cesión ao Fredrikstad noruegués no ano 2009 (2 partidos). No 2011 ficha polo Benfica portugués que o cede ao Évian francés que ao final de tempada faise con el en propiedade (147 partidos - 27 goles). É internacional con Dinamarca.
Traxectoria:
  • Brøndby [2006 / 2009]
  • Fredrikstad [2009]
  • Brøndby [2010 / 2011]
  • Benfica [2011]
  • Évian [2011 / 2015]

viernes, 19 de junio de 2015

Iago Aspas primeira fichaxe da tempada 2015 / 2016

O canteirán volve á casa dúas tempadas despois da súa marcha (Liverpool e Sevilla) e tras pagar o Celta uns catro millóns máis variables.
Iago Aspas Juncal (1 de agosto de 1987, Moaña) formouse nas categorías inferiores do Celta, na tempada 2007 - 2008 debuta co primeiro equipo onde permanece ata a tempada 2012 - 2013, disputando un total de 150 partidos e marcando 50 goles. A tempada seguinte ficha polo Liverpool onde só xogou 15 partidos, anotando 1 gol. A tempada pasada xogou no Sevilla, marcando 10 goles en 26 partidos.
Traxectoria:
  • Celta "B" [2006 / 2009]
  • Celta [2007 / 2013]
  • Liverpool [2013 / 2014]
  • Sevilla [2014 / 2015]
Títulos:
  • Europa League [2014 / 2015]